ÚLTIMOS PREMIADOS NO CAMPAÑAZO

O Centro Comercial Aberto de Foz rematou de entregar os premios aos gañadores do Campañazo que se celebrou os días 24 de novembro e 1 e 5 de decembro. En total foron repartidos 1.800 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao CCA.
Na cafetería Xoyma recolleron os seus agasallos as catro persoas que cantaron o Campañazo o pasado 5 de decembro. Foron Laura Vizoso Mera, Elena Valea Debén, Francisco Cerezo Denueda e Víctor Longarela Quintana. 300 euros foron repartidos entre estes catro afortunados. Fixéronlles entrega dos devanditos premios Olaya Pedrosa, secretaria de Acia/CCA de Foz, e Ángeles Piñeiro, propietaria de Xoyma.
Outros 300 euros foron para outros 12 afortunados no Campañazo do pasado 5 de decembro.