ENTREGA DE PREMIOS CONCURSOS COMERCIO NADAL

ENTREGADOS OS PREMIOS AOS ESTABLECEMENTOS GAÑADORES DOS CONCURSOS DE ESCAPARATES E ÁRBORES DE NADAL, QUE ORGANIZOU O CENTRO COMERCIAL ABERTO DE FOZ.

 O Centro Comercial Aberto de Foz entregou os premios aos gañadores dos concursos de escaparates e árbores de Nadal, que se desenvolveron nas pasadas festas navideñas. 

Monda Proxectos recibiu o premio ao mellor escaparate de Nadal. Fixeron a entrega de diploma e estatuíña o vicepresidente de Acia/CCA de Foz, José Ginzo, e Purificación García, vogal da asociación. Recolleu os agasallos Ramón Otero Candia. 

E confitería pastelería Amarena gañou o concurso de árbores de Nadal. Recolleu os seus regalos, diploma e estatuíña, Ángeles Casas. Purificación García foi a encargada de facerlle a entrega no nome do CCA focense. 

Desde o Centro Comercial Aberto agradecen a participación de todos os locais nos concursos organizados durante as pasadas festas de Nadal (Faro Norte- Comunicación)