PREMIADOS DÍA DO PAI

GAÑADORES DA CAMPAÑA DO DÍA DO PAI 400 EUROS EN VALES DE COMPRA

Xa se coñecen os nomes dos gañadores da campaña do Día do Pai, organizada polo Centro Comercial Aberto de Foz, que puxo en xogo 400 euros en vales de compra para consumir nos establecementos asociados.
Todas as persoas que fixeron as súas compras do 9 ao 19 de marzo nos locais de Acia/CCA de Foz participaron nesta campaña.
Esta mañá tivo lugar o sorteo deses agasallos en Radio Foz, coa asistencia da vocal do CCA Celia Núñez. Cada persoa recibirá 100 euros en vales de compra. Os gañadores foron: Dolores López Mariño, que mercou en Pastelería Anduriña; Mª del Pilar Andrade Campos, que comprou en Pastelería Amarena; Luisa Fernández Friol, que fixo compra en Alain Afflelou; e José Antonio Otero Rodríguez, que mercou en Cenor-Belianorte.