PREMIADOS NO TERCER SORTEO DO CAMPAÑAZO

Hoxe remata o Campañazo organizado polo Centro Comercial Aberto de Foz, que repartiu nos 3 sorteos celebrados os días 12, 19 e 26 de xaneiro 1.800 euros en vales de compra. Mañá poranse en xogo outros 600 euros, 300 euros para quen cante o Campañazo e outros 300 para o resto dos cartóns premiados.
Nas últimas horas tivo lugar a entrega dos premios aos afortunados e afortunadas no sorteo do pasado 26 de xaneiro. O primeiro foi repartido entre tres persoas: José Fra Mon, Carmen García Moreda e María Teresa Rego Cabanas. Os tres seguiron o Campañazo no Tangarte Mariñeiro e cada un recibiu 100 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados. Os outros 300 euros foron repartidos entre cinco persoas.
Os gañadores recibiron os premios da man de Olaya Pedrosa, secretaria de ACIA/CCA de Foz, e de Rubén Rodríguez, propietario de Tangarte Mariñeiro.