Novas

PREMIADOS NO SEGUNDO SORTEO DO CAMPAÑAZO

MAÑÁ, VENRES, CHEGA UNHA NOVA CITA CO CAMPAÑAZO DO CENTRO COMERCIAL ABERTO DE FOZ. OS GAÑADORES DO SEGUNDO SORTEO RECIBIRON XA OS SEUS PREMIOS.
Foz, 25 de xaneiro de 2018. Mañá, venres, a partir das once da noite chegará unha nova cita co Campañazo, que organiza o Centro Comercial de Foz. En xogo estarán 600 euros en premios, 300 para a primeira persoa que o cante e outros 300 para o resto dos premiados.

PREMIOS PRIMER SORTEO CAMPAÑAZO XANEIRO

NA CAFETERÍA HAPPY DAYS FORON ENTREGADOS OS PREMIOS DO PRIMEIRO CAMPAÑAZO DE XANEIRO DO CENTRO COMERCIAL ABERTO DE FOZ. ANTONIO NÚÑEZ CARREIRA FOI O GAÑADOR, QUE RECIBIU 300 EUROS EN VALES DE COMPRA PARA GASTAR NOS LOCAIS ASOCIADOS.
Este venres, a partir das once da noite chegará unha nova cita co Campañazo, que organiza o Centro Comercial de Foz. En xogo estarán 600 euros en premios, 300 para a primeira persoa que o cante e outros 300 para o resto dos premiados.

GAÑADORES DO SORTEO DO CAMPAÑAZO. 1 DE DECEMBRO

O Centro Comercial Aberto de Foz entrega estes días os premios aos gañadores do Campañazo, que se celebrou nas últimas semanas. En Xoyma recolleron os seus agasallos María Carmen Toro Cabrera, Marío Río López e Ayla Fernández Leivas. As tres seguiron o Campañazo en Xoyma e alí cantaron os seus premios. Cada unha recibiu 100 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto focense. Fixeron entrega dos devanditos premios Olaya Pedrosa, secretaria de Acia/CCA de Foz, e Ángeles Piñeiro, propietaria de Xoyma.