Qué facemos

A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos- Centro Comercial Aberto de Foz pertenece á Federación Galega de Comercio e á Federación de Comercio da Mariña obtendo así todas as ventaxes en convenios con BANCA, transporte, asesoramento, tarxetas comerciais, páxinas webs e outras ventaxes con distintos colectivos.

Realizamos campañas promocionais para comercio e hostelería.

Dispoñemos dunha tarxeta de fidelización: “O comercio fai pobo. Compra na túa vila” .

A nosa oficina está situada en Avda. da Ribeira, Ed. Cenima, 1ª planta. Pode poñerse en contacto connosco no número 982 132 751 ou enviarnos un correo electrónico a aciafoz@gmail.com