Qué facer

 Foz era unha vila de pescadores pero  hoxe a maior parte dos recursos económicos son obtidos a partir do turismo.

Numerosas son as festas que ao longo do ano celébranse en Foz.

Comezando polo mes de xaneiro destaca a festa adicada a exaltación do chícaro considérase unha gran festa gastronómica.

O entroido, mes de febreiro ou marzo, destaca un gran desfile de máscaras, charangas, carrozas e comparsas o sábado. Durante 5 días, que comenza co pregón e o Concurso de Coplas, podemos desfrutar con diversos bailes de máscaras, o Touporroutou e o famoso Baile do Farolillo rematando co “Enterro do Entroido”

Tradicional é a Semana Santa en San Martiño, na que sobresae o acto do desencravo.

Durante o Xoves Santo, Venres Santo e Sábado Concurso gastronómico Ruta das Tapas.

Festa do Bispo Santo tradicional romaría na que se conmemora o milagre do Bispo Santo. ( Maio ou Xuño)

No verán podemos disfrutar de ciclos musicais como “ Vrao”,Hellfoz ou de música galega.

O 16 de xullo a famosa procesión en honor a Virxe do Carme que é a patrona dos mariñeiros. As rúas están cheas de fermosas alfombras florais.

Festas Patronais de San Lourenzo. Durante todo o mes de agosto hai distintas actuacións de cine, teatro,Feira do libro , mostras folclóricas e tamén concertos no que destaca Tentacle Summer Fest adicado á música alternativa.

Os dous últimos fines de semana están reservados para a Feira Multisectorial e a Festa Normanda.

Ao largo de todo o ano celébranse festas nas parroquias: San Blas, Santiago Apóstol, Carmelita(Nois),San Xoan, Festa do Carme ( San Martiño), San Campio, San Aclisco e San Andrés.

SENSACIÓN SURF ESCOLA propón;

Rutas. Dispón de 5 bicicletas que poderás alquilar para desfrutar das rutas do municipio focense.

Surf. Imparten clases de surf para todas as idades.