Qué ver

O Concello de Foz está na Costa de Lugo. Situado na desembocadura do río Masma. Posúe unha área de aproximadamente 100 km.

Ten  25 km de litoral onde se recollen diversas praias de fina area branca, con grandes beneficios para a saúde grazas ao seu iodo que se poden visualizar dende o Pico da Lebre.

Praias: A Rapadoira praia urbana con Q de calidad turística, Bandeira Azul da CE ao igual cas praias de Llas, Peizás, Arealonga e Areoura.

Ademáis as da Pampillosa, Polas, Xunco, Alemanes e Fondás.
 
Situado nas marxes do Mar Cantábrico é un lugar turístico de grande importancia nas Rías Altas. Ten moitas atraccións turísticas coma instalacións deportivas, actividades de lecer, actividades náuticas e grandes terrazas de diversión nocturna xunto á praia ou ao redor do porto.

Os amantes da arte poden visitar a Basílica de San Martiño , a uns 5 km do casco urbano de Foz,que conta cunha guía durante todo o ano. Tamén poden ver o Castro de Fazouro datado entre os séculos I ou III d.C ou a Frouxeira que son os restos da fortaleza do Mariscal Pardo de Cela.